A Central Agropecuaria de Silleda celebrou hoxe únicamente a poxa de becerros carniceiros, para axudar ao abastecemento do mercado nestas datas.
A tendencia xeral foi á baixa dos prezos. Así, os machos de cruzamento industrial baixaron o seu valor en 87 euros, respecto á semanda pasada, e quedaron nos 1.269 euros; en canto ás femias presentaron unha baixada de 66 euros, e chegan aos 1.071 euros.
Polo que respecta aos de Rubia Galega vendéronse a 1.282 euros de media os machos (-219 euros) e a 1.071 euros as femias (-78). Os animais comercializados baixo o selo de Ternera Gallega Suprema baixaron o seu valor 129 euros e fixan unha media de 1.196 euros por animal.