A Central Agropecuaria de Galicia celebrou este martes unha nova sesión da súa Mesa de Prezos, na que mantivo a cotización nas distintas categorías de coellos, galiñas e ovos, pero na que o porcino leitón sufriu un novo descenso de 3 euros.
Nos últimos dous meses, a baixada é de 20 euros, pasando os lotes de 500 porcos de procedencia única (animais de 20 kg) de valer 92 euros a unidade a 72 e os lotes de menos de 500 porcos procedentes de varias explotacións de 87 euros a 67.
En canto ás poxas de gando vacún, esta semana non se puideron celebrar debido ao ataque informático sufrido pola Fundación Semana Verde de Galicia o pasado domingo.

Galego









Control OJD