Prezos do gando desta semana en Silleda

central agropecuaria silleda

Malia que se adxudicaron 54 exemplares menos que na sesión do 12 de agosto, o prezo medio do vacún maior caeu en 138 euros por animal na sesión deste día 19. O descenso deuse nas vacas das categorías extra e primeira, con 135 e 12 euros respectivamente. Por contra, os animais de categoría segunda tiveron un aumento medio de 120 euros.

As transaccións de becerros de recría rozaron o medio millón de euros. Adxudicáronse 917 animais a un prezo medio de 537,68 euros. Unha cifra que non se pode poñer en relación coa semana anterior xa que desta volta entraron 945 animais fronte aos 49 do pasado día 12 de agosto, co que a media varía moito.

No caso dos becerros carniceiros, o prezo medio situouse en 1.425,21 euros, é decir, un euro máis que na sesión anterior. En total adxudicáronse 146 animais cunha diferencia de 320 euros entre os frisóns (1.324,46 €) e os de rubia galega (1.644,16). Os de cruzamento industrial e Suprema quedaron en 1.513,72 e 1.538,81 respectivamente.

Por canto respecta os porcos, houbo descensos de tres céntimos por quilo nas categorías de selecto, normal e canal II. Os de desvelle e os bacoriños mantiveron o seu prezo e os castrados e carniceiros non se cualificaron.

Nos ovos, houbo subas dun céntimo nas categorías XL e L. Non houbo variacións nas M e S. E tampouco as houbo nas galiñas de desvelle. Tamén os coellos de granxa en vivo mantiveron os prezos da sesión anterior.

Pódense consultar todas as cotizacións no seguinte enlace:

COTIZACIÓNS 19 AGOSTO SILLEDA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información