Prezos desta semana dos produtos lácteos nos mercados internacionais

O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea publicou este mércores as últimas cotizacións dos produtos lácteos, destacando a lixeira baixada na Unión Europea, mentres que a tendencia é á alza en Estados Unidos e Nova Zelandia. O prezo do leite spot en Italia mantense estable nos 0,553 euros o litro. O prezo medio na UE baixa lixeiramente ata os 0,548 euros o litro, o prezo máis alto para un mes de abril nos últimos 5 anos.

En concreto, no territorio da UE as cotizacións desta terceira semana de abril para os produtos lácteos son as seguintes:

-Manteiga: 738 €/100 kg, -0,4 % nas últimas catro semanas, segue en máximos históricos
-Leite desnatado en po (SMP) 244 €/100 kg, -2,1 % ,,
-Leite enteiro en po (WMP): 435 €/100 kg, – 0,5 % ,,
-Queixo cheddar: 461€ /100 kg – 0,5% nas últimas catro semanas

Os custos de produción nas ganderías de vacún de leite da UE subiron esta pasada semana un 0,04% no caso da alimentación e baixaron un 3,4% na enerxía, respecto a hai un mes.

Captura de pantalla 2025-04-18 112714

En canto á situación dos principais países exportadores de lácteos, Estados Unidos é máis competitivo nos prezos da manteiga, do queixo e do leite en po desnatado, mentres que Nova Zelanda éo no leite en po enteiro. A tendencia de prezos desta pasada semana foi á alza.

Poxa de Fonterra

Por último, a poxa desta semana da cooperativa neozelandesa Fonterra rematou cunha suba do 1,6% no seu índice xeral de prezos. En concreto, subiu a cotización do leite en po enteiro -o seu principal produto de exportación- nun 2,8 % e tamén na manteiga (1,5%), mentres que se rexistraron baixadas no caso do queixo (-1,8%) e no leite en po desnatado (-2.3%).

Captura de pantalla 2025-04-18 112807

Descarga aquí o último informe do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información