Prezos de récord dos becerros carniceiros en Silleda debido á alta demanda do verán

O valor medio chegou aos 1.210 euros, nunha xornada na que os prezos caeron en case todas as categorías, especialmente no vacún maior

Prezos de récord dos becerros carniceiros en Silleda debido á alta demanda do verán

A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA rexistrou hoxe o maior prezo medio na categoría de becerros carniceiros, ao alcanzar os 1.210,46 euros e superar así a anterior marca do 2 de xullo (1,186,76 euros). Segundo explican, o prezo medio foi favorecido pola alta demanda deste tipo de animais nesta época do ano, derivada do alto consumo de carne no verán.

O recinto contou hoxe cunha afluencia de 665 animais, dos cales 614 foron adxudicados; unhas cifras moi baixas con respecto ás anteriores xornadas. En canto aos demais prezos, houbo baixadas en case todas as categorías do vacún maior e becerros.

Prezos do gando
A continuación, facemos un repaso polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos, aínda que fai falta ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores.
23_07_2024_page-0001
Nos becerros de recría da raza frisoa, os de 15 a 20 días cotizáronse a 109 euros, 67 euros menos que a pasada semana; os de 21 a 50 días a 143 euros, cun descenso de 59 euros, e os de máis de 50 días a 172 euros (-45 euros). En canto aos de cruzamento industrial, os máis novos quedaron cun valor medio de 340 euros (-51 euros), mentres que as femias vendéronse a 251 euros (-23 euros). Os de 21 a 50 días chegaron aos 488 euros, cunha subida de 11 euros, e as femias baixaron 57 euros, ata os 268 euros de prezo medio. Finalmente, os máis adultos alcanzaron un prezo medio de 769 euros (+47 euros) e as femias de 436 euros (-19 euros).

Nos becerros carniceiros, os machos de cruzamento industrial baixaron tan só un euro (1.234 euros), mentres que as femias subiron 17 euros (1.078 euros). Pola súa banda, os de Rubia Galega vendéronse a 1.395 euros de media os machos, o que supón un incremento de 77 euros e as femias baixaron o seu valor medio en 204 euros, ata os 1.159 euros. Os animais comercializados baixo o selo de Ternera Galega Suprema caeron ata os 1.256 euros, cunha baixada de 90 euros.

No vacún maior houbo caída de prezos en todas as categorías. A categoría extra cotizouse a un prezo medio de 2.151 euros (-105 euros); a primeira a 1.128 euros (-33 euros); a segunda a 776 euros (-10 euros) e a de desfeito a 398 euros (-2 euros). Os animais vendidos baixo o selo de Vaca e Boi de Galicia incrementaron o seu valor en 133 euros, fixando un prezo medio de saída de 1.803 euros.

Mesas de prezos
As mesas de cotizacións do porcino mantéñense igual que a semana pasada. Así, o porco selecto págase a 1,875 euros, normal a 1,85 euros, os de canle II a 2,403 euros e os de desvieje 0,81/0,87 euros.
23_07_2024_page-0001

23_07_2024_page-0002

Nos leitóns, os exemplares chegados dunha única granxa están nos 72 euros (cun prezo de 3,6 euros o quilo) e os animais procedentes de varias gandarías cotízanse a 67 euros e cun prezo por quilo de 3,35 euros; ambos presentan unha baixada de 5 euros.

O mercado do ovo mantense igual que a semana pasada: os da XL cotizáronse a 2,83 e os da L a 2,24, ambos se manteñen igual. Pola súa banda, os da M quedaron en 1,96 e os da S a 1,66 euros, cunha baixada de 0,02.

O prezo do coello mantense igual e está nos 2,2 euros o quilo segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información