Entrepinares sumouse ao resto de industrias lácteas que presentaron contratos esta semana. Neste caso, a queixería de Valladolid, con planta en Vilalba, e cuxo principal cliente é Mercadona, establece un prezo base de 0,455 euros o litro, para todas as ganderías, independentemente do volume de entregas. Isto supón unha baixada de 5,5 céntimos respecto ao anterior contrato.
Outra das novidades do contrato de Entrepinares para as arredor de 175 explotacións de vacún de leite ás que lle recolle en Galicia é o mantemento das primas por sólidos.
Deste xeito, a proteína mantense nun céntimo a décima a partir de 3,20%. O prezo da graxa manteno en 0,6 céntimos a partir do 3,80% e segue indexado ao valor da manteiga do Observatorio Lácteo Europeo.
Galego







Control OJD