A sondaxe realizada entre os usuarios do Mercado de Amio, celebrado este mércores, conclúe que se manteñen os prezos da sesión anterior para todo o gando de recría, o mediano e o maior. Porén, si se aprecia unha tendencia á baixa no gando de recría de raza Frisoa.
No que se refire á Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ternera Gallega, a mesa de cotizacións acordou unha nova suba de 3 céntimos nos prezos de todas as categorías e calidades desta carne.
Na xornada deste mércores contabilizáronse 1.828 reses, é dicir 112 máis que na sesión anterior. Houbo 1.543 cabezas de vacún menor, 164 máis que a pasada semana, e rexistráronse 115 de vacún mediano (25 menos que o pasado mércores) e 170 de vacún grande (27 menos).
Máis información:
–Táboa de cotizacións de Amio (26-X-2022).