Prezos á alza en Ternera Gallega e no mercado de gando de Amio

Prezos á alza en Ternera Gallega e no mercado de gando de Amio

Xatos nas instalacións do Mercado de gando de Amio. // Imaxe de arquivo.

Esta semana na IXP Ternera Galega produciuse unha suba de 0,03 euros nos prezos das canais de Suprema. Tamén houbo unha suba de 0,02 euros para a categoría Tenreira.

En canto ós prezos do gando que concorreu ó Mercado de Amio houbo unha suba de 10 euros na recría das razas Rubia Galega e Cruce Industrial de Cor. Ademais, soben 0,10 euros os prezos de tódalas canais do vacún mediano de matadoiro de peso vivo inferior a 300 quilos e das do vacún maior das clases O e P.

A afluencia de gando esta semana en Amio foi de 1.440 reses, 285 menos que na feira pasada. Houbo 1.219 cabezas de vacún menor (248 menos que na sesión anterior); 56 de vacún mediano (22 menos que na sesión anterior) e 165 de vacún grande (15 reses menos que na sesión anterior).

Máis información
– Táboa completa dos prezos de Amio (2-X-2024)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información