Prezo récord por un becerro carniceiro en Silleda: 2502 euros

O recinto silledense acolleu unha semana máis de récord, nesta ocasión rexistrou o maior prezo pago por un becerro carniceiro, ao ser poxado por 2.502 euros por Gandos e Carnes Casanova

Prezo récord por un becerro carniceiro en Silleda: 2502 euros

A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA rexistrou o maior prezo pagado neste mercado por un becerro carniceiro, ao ser adquirido por 2.502 euros por Gandos e Carnes Casanova, de Guntín (Lugo). Supera así os 2.363 euros que se pagaran o pasado 16 de xullo por outro exemplar desta categoría. O animal vendido hoxe era un macho mestizo con etiqueta Ternera Galega Suprema nacido o 9 de febreiro deste ano e propiedade dunha explotación de Castroverde (Lugo).

Por unha banda, os prezos de todas as categorías, houbo oscilación, con subidas e baixadas indistintamente, destacando os incrementos nos tenreiros carniceiros machos e os descensos en case todas as categorías do vacún maior. Por outra banda, a afluencia foi de 1.283 animais, dos cales se adxudicaron 1.214 reses.

Prezos do gando
A continuación, facemos un repaso polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos, aínda que fai falta ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores.

Nos becerros de recría da raza frisoa, os de 15 a 20 días cotizáronse a 162 euros, 22 euros menos que a pasada semana; os de 21 a 50 días a 234 euros, cun aumento de 12 euros, e os de máis de 50 días a 278 euros (-20 euros). En canto aos de cruzamento industrial, os máis novos quedaron cun valor medio de 409 euros (-67), mentres que as femias se venderon a 363 euros (+38). Os de 21 a 50 días chegaron aos 572 euros (+8) e as femias subiron 19 euros e quedaron en 393 euros de prezo medio. Finalmente, os máis adultos alcanzaron un prezo medio de 757 euros (-52) e as femias de 559 euros (+19).

26_11_2024_page-0001

Nos becerros carniceiros, os machos de cruzamento industrial subiron 112 euros con respecto á poxa pasada e alcanzaron un valor medio de 1.411 euros; as femias descenderon ata os 1.116 euros (-14). Pola súa banda, os de Rubia Galega vendéronse a 1.421 euros de media os machos (+67 euros) e a 1.150 euros as femias (-164). Os animais comercializados baixo o selo de Ternera Gallega Suprema incrementaron o seu valor 88 euros e fixan unha media de 1.535 euros por animal.

No vacún maior houbo baixadas en todas as categorías menos na de desfeito, cun ascenso de 84 euros e fixando un prezo de 484 euros. Os da extra baixaron 32 euros e quedaron nos 2.075 euros; os de primeira, baixan 3 euros, e fíxanse nunha media de 1.142 euros e os de segunda a 484 euros, cunha caída de 9 euros. Os animais vendidos baixo o selo de Vaca e Boi de Galicia presentan unha caída de 1.001 euros e quedan cun prezo de saída de 1.535 euros.

Mesas de prezos
As mesas de cotizacións do porcino mantéñense igual que a semana pasada: o selecto cotízase a 1,595; o normal a 1,57; o de canle II a 2,039 e o de desvelle a 0,7/0,76.

Nos leitóns, os exemplares chegados dunha única granxa seguen nos 60 euros (cun prezo de 3 euros o quilo) e os animais procedentes de varias gandarías cotízanse a 55 euros e cun prezo por quilo de 2,75 euros.

26_11_2024_page-0002

No mercado do ovo, os prezos dos de tamaño XL mantéñense igual nos 3,13 euros, mentres que os demais presentan unha suba de 0,03 e quedan da seguinte maneira: os da L a 2,59; os da M a 2,38 e os da S a 2,08.

O prezo do coello segue nos os 2,55 euros o quilo, segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información