Prezo récord de 8227 euros por unha vaca en Silleda

Vaca que acadou o maior prezo da historia na Central Agropecuaria de Galicia

Vaca que acadou o maior prezo da historia na Central Agropecuaria de Galicia

A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA rexistrou hoxe o maior prezo pagado por unha vaca neste mercado. Se ben o récord da categoría de Vacún Maior, e da Central, se sitúa nos 10.498€ acadados o 8 de outubro de 2024 por un boi de raza mestiza, en canto ás femias desta categoría o maior prezo estaba ata hoxe nos 7.798€ (pagados en outubro do ano pasado).

Sen embargo, dende esta mañá o maior prezo pagado por unha vaca pasa a ser de 8.227€, pagados por unha vaca mestiza nacida en setembro do 2020 e pertencente a unha explotación de Arzúa (A Coruña), a cal foi adquirida polo operador Alberto Rielo, Lalín (Pontevedra) para Cárnicas Nay, de Monforte de Lemos (Lugo).

Por outra banda, por terceira semana consecutiva a Central rexistrou o maior prezo medio deste mercado na categoría de Vacún Maior, con 2.628,31€ (a semana pasada esta marca situárase nos 2.567,79€ e a anterior en 2.537,53€).

Vídeo da vaca: 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información