Prezo medio de 907 euros na poxa de vacas cachenas celebrada na Granxa Gayoso Castro

En total subastáronse 5 machos e 12 vacas e xovencas do centro da institución provincial. O prezo máximo pola venda dun exemplar foi de 1.900€

060325 Poxa Granxa Gayoso CastroA Deputación de Lugo celebrou este xoves unha poxa pública de gando na Granxa Gayoso Castro, na que se venderon por un prezo de 15.420€ un total de 17 cabezas de gando bovino das instalacións provinciais. O rabaño subastado estivo formado por un lote de animais da raza cachena, formado por 5 machos e 12 vacas xovencas.

Unha vintena de gandeiros e gandeiras achegados de diferentes puntos da provincia poxaron por estes animais que acadaron un prezo medio de 907€. O prezo máis alto pagouse por un exemplar femia, que se vendeu a un prezo de 1.900€.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información