Prezo medio de 3600 euros por animal na poxa de Acruga en Láncara

poxa acruga lancara 26 2 A Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega (Acruga) logrou está mañá un novo éxito de adxudicacións e cotizacións na poxa celebrada en Láncara, no marco da Festa da Tenreira Galega. As tres xovencas presentadas por Acruga lograron un prezo medio de 3.600€, máis de 700 euros por riba do prezo de saída.

As tres xovencas preñadas, procedentes do centro de recría da Granxa Gayoso Castro, dependente da Deputación de Lugo, foron adxudicadas en 3.300, 3.500 e 4.000 euros, a ganderías de Sarria, Sevilla e Láncara. A segunda xovenca foi adquirida por un criador de Sevilla, que xa comprou outro exemplar na poxa celebrada hai uns días na Fonsagrada.

As seguintes poxas organizadas por Acruga serán en datas breves, concretamente o día 9, en Cervantes; o día 10, en Sarria, e o día 16 de maio, en Seoane do Courel.

Festa da Tenreira Galega

Un total de 75 animais formaron parte da exhibición de rubia galega, unha mostra que tamén acolleu un concurso para escoller aos mellores sementais, xovencas e becerras, así como ao mellor lote da exposición. Todos estes animais pertencen a explotacións de gandeiros e gandeiras de Acruga con explotacións no Corgo, O Páramo, Samos, Friol, Barreiros e Vilalba.

As ganderías que obtiveron máis galardóns foron as de Gandería da Morena; a de José Antonio Ferreiro Palacios e a de Manuel López Quiroga, que tamén foron as premiadas por presentar o mellor lote de animais.

As ganderías Santalla, a de López Candia e a explotación de Javier Santalla Prado tamén foron distinguidas neste concurso, no que se valora o estándar racial da Rubia Galega.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información