Prezo medio de 3560 euros na poxa de Rubia Galega celebrada en Becerreá

Houbo unha asistencia moi alta o que propiciou que os tres exemplares da Granxa Gayoso Castro se vendesen por riba do prezo de saída, e que os dous dunha gandería de Pol se adxudicasen en 4.000 e 4.800 euros.

Subasta de Novillas de Acruga en BecerreA 2O mercado gandeiro de Becerreá cumpriu este sábado con fartura as boas previsións para a primeira poxa de xatas de Raza Rubia Galega coa que Acruga abriu a tempada de poxas.

Nesta primeira poxa logrouse un prezo medio de case 3.560 euros para as tres xovencas de Acruga e de 3.900 euros para a poxa das cinco novelas preñadas, entre as que se incluían dúas dunha explotación particular do municipio de Pol.

O prezo de saída estaba fixado en 2.900 para todos os animais. Hai que ter en conta, que o ano pasado bateuse récord en canto ao prezo medio desta poxa, coa cifra de 3.075 euros, polo que os resultados de hoxe son significativos e poñen de manifesto que a demanda de animais de calidade de Raza Rubia Galega segue sendo moi alta.

Rexistrouse unha alta afluencia de público e tamén de posibles compradores. De feito, houbo 28 gandeiros de toda a provincia e tamén dalgún municipio de Ourense, que retiraron a correspondente tarxeta que lles acreditaba para poxar por estes cinco animais.

Ao final, unha explotación de Láncara levouse dúas dos cinco exemplares presentados; mentres que os outros tres foron adquiridos por gandeiras e gandeiros de Cervantes, Sarria e por outra explotación de Láncara.

Os interesados en adquirir novos exemplares de alta calidade de Raza Rubia Galega terán unha nova oportunidade na poxa prevista en Boimorto, a finais deste mes de marzo, e nas de Pedrafita do Cebreiro e A Fonsagrada, que se celebrarán ao longo do mes de abril.

Subasta de Novillas de Acruga en BecerreA 3

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información