Este sábado celebrouse a terceira edición da poxa de gando frisón do municipio lugués de Friol, organizada por Africor Lugo en colaboración co concello.
Na subasta participaron 8 ganderías de toda a provincia cun total de 16 animais: 11 vacas paridas e 5 xovencas. O prezo medio foi de 3.147 euros, cun volume total de vendas de 50.350 euros.
A máxima cotización acadouna CASAGABINO PELLEGRINO ALMENDRA, unha xovenca da gandería de Friol Casa Gabino, que foi vendida en 5000 euros a Gandería Casa Varela, do concello coruñés de Vilasantar.

A máxima cotización acadouna CASAGABINO PELLEGRINO ALMENDRA. Foto: Cedida