Este domingo celebrouse no Mesón do Vento, no concello coruñés de Ordes, a VI Poxa de Gando Frisón, organizada por Africor Coruña e o Concello de Ordes, coa colaboración da Xunta de Galicia.
O prezo medio foi de 3.371 euros por animal, todos eles vacas en lactación. A máxima cotización foron 6050 euros que pagaron por Queirugueira Sporting 849, que foi comprada por Gandería Xesteiro SC, de Zas.
Velaquí os resultados completos: