Prezo medio de 3.060 euros na poxa de xovencas de Acruga en Pedrafita

Prezo medio de 3.060 euros na poxa de xovencas de Acruga en Pedrafita

Poxa hoxe en Pedrafita do Cebreiro.

O recinto gandeiro de Pedrafita do Cebreiro acolleu hoxe a última subasta do ano que celebra Acruga, unha poxa na que se adxudicaron as dez novillas presentadas cun prezo medio de 3.060 euros.

Pasadas as doce da mañá deu comezo a poxa, cun total de 38 gandeiras e gandeiros que obtiveron tarxeta para poder puxar por algúns destes animais. As novillas, procedentes do centro de recría da Granxa Gayoso Castro, dependente da Deputación de Lugo, adxudicáronse todas por prezos superiores ao de saída, fixado en 2.300 euros, e finalmente vendéronse por cantidades que oscilaron entre os 2.700 e os 3.400 euros, esta cifra a máis elevada da xornada.

Pedrafita sempre é unha boa feira á hora de obter bos resultados e a de hoxe tampouco defraudou. Nesta ocasión superáronse as cotizacións da poxa do pasado mes de abril, na que se rexistrara un prezo medio de 2.758 euros.

Na poxa de hoxe, as dez novillas preñadas duns seis meses, con idades comprendidas entre os 23 e os 28 meses, presentaban moi boas calificacións e excelentes xeonealoxías nas que figuran sementais como Colón AG, Cubillón AG, Xeitoso AG, Pokemón AG ou Pavaroti AG, entre outros.

Entre os compradores houbo gandeiros e gandeiras de difrentes municipios da provincia de Lugo, aínda que chamou a atención un criador da propia Pedrafita que se levou tres xovencas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información