Prezo medio de 2366 euros na poxa de Acruga celebrada na Fonsagrada

poxa acruga fonsagrada 2025Este sábado pola mañá celebrouse na vila luguesa da Fonsagrada unha nova edición da poxa organizada pola Asociación Nacional de Criadores de Raza Rubia Galega (ACRUGA).

Sairon a subasta tres xovencas preñadas procedentes do centro de recría da Granxa Gayoso Castro da Deputación de Lugo. Finalmente adxudicáronse as tres, dúas por 2300 euros e unha por 2500, cun prezo medio de 2366 euros.

Dúas das xovencas foron para unha gandería da Fonsagrada, mentres que a terceira foi vendida a unha explotación de Guitiriz. En total houbo 11 tarxetas, todas elas de gandeiros e gandeiras da provincia de Lugo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información