Prezo medio de 2300 euros para as xovencas de Rubia Galega poxadas en Boimorto

Prezo medio de 2300 euros para as xovencas de Rubia Galega poxadas en Boimorto

A poxa de xovencas de raza Rubia Galega preñadas organizada por Acruga este domingo en Boimorto rematou coa venda dos tres exemplares presentados, cun prezo medio de 2.300€.

A primeira xovenca adxudicouse no prezo de saída, 2000 euros, mentres que as dúas seguintes vendéronse por 2.600 e 2.300 euros.

Os tres exemplares, procedentes do centro de racría da Granxa Gayoso Castro, dependente da Deputación de Lugo, irán a parar á mesma explotación gandeira de Touro, cuxo propietario puxou por estes animais, que se presentabán á poxas con uns 7 meses de preñez e con altas calificacións na súa xenialoxía, e con idades comprendidas entre os 23 e os 27 meses.

A seguinte posibilidade para mercar xovencas será o próximo 21 de abril, data na que a Asociación de Criadores de Raza Rubia Gallega, ten previsto celebrar outra das grandes poxas da provincia de Lugo, a de Pedrafita do Cebreiro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información