Este sábado pola mañá celebrouse na localidade luguesa de Chantada a tradicional poxa de gando frisón, organizada por Africor Lugo en colaboración co Concello de Chantada e a cooperativa Aira.
Vendéronse os 15 animais que saíron a poxa, cun prezo medio de 2.817 euros, sendo adquiridos por gandarías das provincias de Lugo e de Pontevedra.
O prezo máximo alcanzado foi de 4.050 euros, que pagou a gandaría Pena Guisande do Páramo por Carballo de Baixo Goal Chispa, da gandaría Carballo de Baixo de Sarria (Lugo).
Así mesmo, todos os compradores recibiron, por cortesía de Xenética Fontao, tres dose de Gigantic e tres de Gabrielle por cada animal adquirido na poxa.