Prezo medio de 2.635 euros na poxa de Acruga en Becerreá

Unha xovenca do centro de recría da Granxa Gayoso Castro adxudicouse en 3.300 euros, unha das maiores cotizacións obtidas pola asociación da raza rubia galega na súa historia

poxa Acruga Becerreá 2023A susbasta de xovencas preñadas organizada na fin de semana en Becerreá pola Asociación de Criadores de Raza Rubia Gallega (Acruga) adxudicou os sete animais presentados á poxa, todas elas en cotizacións moi por riba dos 2.000€ do prezo de saída, o que levou a conseguir un prezo medio de 2.635€.

A maior cotización foi para unha xovenca procedente do centro de recría da Granxa Gayoso Castro, dependente da Deputación de Lugo, que foi vendida en 3.300€, un dos prezos máis altos da historia das poxas organizadas por Acruga.

O día festivo e o bo tempo fixeron que o mercado gandeiro de Becerreá quedase pequeno para acoller a numeroso público, procedente de varios municipios lucenses, pero tamén de fóra da provincia. De feito, sacáronse un total de 33 tarxetas para participar na subasta.

Un gandeiro de Castroverde acudiu á subasta con dous animais para vender

A poxa comezou cunha primeira xovenca procedente dunha gandeiría particular, en Castroverde, que se vendeu en 2.900 euros a un gandeiro de Baralla. Outra xovenca da mesma explotación de Manuel Berdeal foi adquirida por un gandeiro de Pedrafita do Cebreiro.

O colofón da xornada foi a subasta do último exemplar do centro de recría, unha xovenca de 24 meses, con xenealoxía de Marelo por Marelo, e con sete meses de preñez que se adxudicou a un gandeiro con explotación en Vigo, por valor de 3.300 euros, un dos prezos máis altos que se lembran en Acruga obtidos en subastas deste tipo. Os outros catro animais procedentes do centro Gayoso Castro foron adxudicados en prezos que oscilaron entre os 2.000 e os 2.850.

As seguintes citas serán en Boimorto, o vindeiro día 26, mentres que o 21 de abril é a data escollida para celebrar a outra das grandes poxas da provincia, a de Pedrafita do Cebreiro, na que desde Acruga se esperan resultados tan bos como os obtidos en Becerreá.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información