A Central Agropecuaria de Galicia rexistrou este martes un prezo de récord por un boi. O animal vendeuse por 9.340 euros e convértese no terceiro prezo máis alto por un exemplar de vacún maior vendido neste mercado.
Trátase dun boi de raza Rubia Galega nacido en 2016 e propiedade dunha explotación de Silleda (Pontevedra). O animal foi adquirido pola empresa lucense Cárnicas Champam. Este animal só foi superado na historia da Central por outros dous bois, adquiridos o 15 de febreiro de 2022 por 9.927 euros e o 1 de marzo do mesmo ano por 10.469 euros.
Subas nos prezos medios da recría e os becerros carniceiros en Silleda