A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Prevención de infeccións en becerras de recría: claves de hixiene

Repasamos con Carlos Carbonell (MSD Animal Health) os factores de manexo a ter en conta para previr as diarreas e enfermidades na primeira etapa de vida dos animais

Prevención de infeccións en becerras de recría: claves de hixiene

Carlos Carbonell durante a súa presentación na xornada sobre recría organizada polas ADSG de Frades e Mesía.

O control da criptosporidiose en becerras de recría é unha das principais cuestións a coidar nos rabaños de vacún. O tema protagonizou parte dunha xornada organizada pola ADS de Frades e Mesía (A Coruña), na que interveu o veterinario Carlos Carbonell de MSD Animal Health.

Carbonell incidiu na necesidade de instaurar rutinas preventivas nas explotacións. Repasamos algunhas das cuestións tratadas na presentación.

Biberóns

Os biberóns poden ser un foco da infección, posto que, se non se lles aplica a limpeza adecuada, quedarán patóxenos nos recipientes. Por iso, Carbonell recomenda aplicar os mesmos produtos de limpeza que nos tanques do leite, facendo o lavado con auga quente, de maneira “que non queden só limpos, senón tamén desinfectados”.

carbonell bienestar animal

Así mesmo, hai que ter en conta que unha vez terminada a limpeza, é necesario deixar secar os utensilios de alimentación, e para iso, débese contar con espazos habilitados. “En moitas ganderías xa estamos a observar espazos que denominan “cociñas”, onde preparan o leite dos becerros e dispoñen dun sitio para facer a limpeza e deixar secando despois os materiais que empregan”, indica.

Instalacións

En canto ás instalacións, a limpeza é tamén clave. “As máquinas a presión poden ser un inimigo das diarreas, especialmente se se usan no interior de naves pechadas”, resalta Carbonell.

Hai que ter en conta a calidade da auga de bebida e para a mestura co leite en po, co difícil control das fontes de auga

Ao empregar as máquinas de limpeza a presión, córrese o risco de esparcir os patóxenos e facilitar o contaxio, por iso é polo que recomendou incorporar a lánzalas depósitos con produtos de limpeza escumante, que por unha banda xeran espuma para limpar e desinfectar as instalacións, e por outro, tratan de que a presión sexa a menor posible. Así, debe xerarse espuma cos produtos químicos de desinfección e esperar a que actúen, antes de facer o aclarado.

Outro factor a ter en conta é a calidade da auga de bebida e para a mestura co leite en po e o difícil control das fontes de auga.

Vestiario

Debe coidarse a limpeza das roupas e botas. “Ao traballar coa recría, sempre se debe empezar a traballar polas máis pequenas, xa que, se levamos feces nas botas, podemos levar patóxenos aos animais máis susceptibles”.

Alimentación
Ao iniciar a subministración de leite, deberá coidarse a súa preparación, para evitar contaminacións e administrala a unha temperatura adecuada, pois pola contra xeraranse diarreas. O profesional incide en que as amamantadoras poden causar problemas neste sentido, “xa que, se non traballan coa temperatura adecuada, iso leva a diarreas nutricionais”.

“Xa hai uns anos que se descubriu que o leite de transición ten importantes beneficios nas becerras”

Costro e inmunidade
En canto á inmunidade, Carbonell puntualiza que o becerro depende do costro, pero hai que ter en conta a súa calidade, a cantidade e cando dalo. “Como referencia, dous litros é insuficiente, non lles chega”, explicou na xornada.

Un animal recentemente nacido o primeiro alimento que toma é calostro. A partir de aí, o leite que toma da súa nai vai cambiando a súa composición até o sétimo ou oitavo ordeño que xa se considera como leite normal. En moitas granxas, non lle dan importancia a este leite que chamamos leite de transición, e pasan de alimentar co calostro do primeiro e segundo ordeño, directamente ao leite. “Xa hai uns anos que se descubriu que o leite de transición, ten importantes beneficios nas becerras, similares aos que previamente se demostraron co costro”, destacou.

A nivel de defensas, Carbonell mostrou un estudo no que, o costro, de media, achegaba un quilogramo de Inmonuglobulinas, que é absorbido nas primeiras horas de vida. O segundo muxido está menos concentrado, pero a vaca dá máis cantidade, polo que en conxunto ofrecerá máis inmunidade.

“Isto hai que aproveitalo porque é beneficioso para a saúde intestinal e permite bloquear a entrada de patóxenos”, concluíu.

Gestión de criptosporidiosis en terneras de recría

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información