Prevén que os prezos da uva en Galicia sexan similares aos do pasado ano

Facemos un repaso polo prezo da uva nas distintas denominacións de orixe. A Lei da Cadea Alimentaria obriga a facer contrato entre viticultor e adega para importes superiores a 2.500 euros. Nel debe figurar o prezo da uva e a data de pagamento, que non debe exceder os 30 días dende a cualificación da uva.

Publicidade
Prevén que os prezos da uva en Galicia sexan similares aos do pasado ano

Vendima na Ribeira Sacra

Ribeira Sacra:

Normalmente na DO non se negocia prezo da uva, senón que son as grandes adegas as que fixan o prezo. Dende o Sindicato Labrego Galego prevén que este ano estará entre os 0,90 e os 1,30 euros o kilo, dependendo das calidades da uva.

Valdeorras:

Agárdase que prezos estean igual que o pasado ano. Entre 0,90 e 1,00 euros para Mencía e Godello, dependendo da calidade da uva.

Rías Baixas:

José Ramón González, responsable de Agricultura de Unións Agrarias asegura que “agora mesmo hai unha guerra psicolóxica porque a uva é perecedeira e as adegas van ser as que marquen o prezo”. “O que pedimos os viticultores é cubrir os custos de produción máis un 15-20% de beneficio. O ideal serían 1,5 € o kilo para a uva de Albariño, tal e como sucedeu no ano 2006. En todo caso, en Rías Baixas por debaixo de 1€ o kilo non debería haber nada, asegura.

O Ribeiro:

Segundo Bernardo Estévez, responsable do sector de Viño do SLG, “no Ribeiro o grupo Arnoia está ofrecendo a 0,80 euros, IVE incluído, polo kilo para variedades preferentes, de uva Treixadura”. En canto ás variedades autorizadas (Palomino e Jerez) , asegura que o que se está ofrecendo son 40 céntimos o kilo.

Monterrei: 

Dende Unións Agraias prevén que os prezos moveranse entre os 0,70 e 0,90 € nas variedades autóctonas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información