Presentan o programa da xornada de Africor Pontevedra sobre vacún de leite

Presentan o programa da xornada de Africor Pontevedra sobre vacún de leite

Na presentación participaron Eva Ramos e Brais Oro, dous mozos gandeiros de Agolada, e Rafael Méndez, presidente de Africor Pontevedra

Este venres tivo lugar a presentación da “IV Xornada Técnica: A mellora no manexo do gando bovino de leite e de carne”, que se celebrará o 30 de novembro no concello pontevedrés de Agolada, e que está organizada pola Asociación O Parapeto, en colaboración con AFRICOR Pontevedra, a Consellería de Medio Rural e o Concello de Agolada.

O lugar elixido para a presentación do cartaz da xornada foi a parroquia de San Miguel de Brocos, co encoro de Portodemouros ao fondo. Na presentación participaron Eva Ramos e Brais Oro, dous mozos gandeiros de Agolada, e Rafael Méndez, presidente de Africor Pontevedra e membro da Asociación O Parapeto.

Esta xornada está e terá lugar no Auditorio Manuel Costa Casares, A asistencia é libre e gratuíta.

O programa da xornada é o seguinte:

11:00 Inauguración:
– José González Vázquez, conselleiro do Medio Rural.
-Ramiro Varela Peón, alcalde de Agolada.

11:15 Importancia do benestar animal nas xatas. David Otero Lavandeira (Veterinario Vacún de Leite de NANTA).

12:00 Traballar sen antibióticos no vacún de leite ¿É posible?. José Taboada (Gandeiro e Veterinario asesor de ALLFEED).

12:45 Pausa café. (Degustación de queixo ecolóxico e viños, por cortesía de Cooperativa Cobideza).

13:00 Resultados e novidades do programa xenómico. José Antonio Jiménez (Xefe de departamento Técnico de CONAFE).

14:00 Horas. XANTAR en PARRILLADA AGOLADA (Prezo 7 euros). (CHURRASCO DE BECERRO FRISÓN NA PARRILLADA DE AGOLADA)
Clausura:
-Héctor Miguel Martínez Sánz. Tenente alcalde do Concello de Agolada.
-José Carlos Vega Rodríguez. Presidente de Fefriga e Vicepresidente de Conafe

Ao remate terá lugar o sorteo dunha becerra, de doses seminais e doutros agasallos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información