Este mércores, 16 de xullo, presentarase en Galicia unha nova trampa para mellorar a loita contra o Scaphoideus titanus, o insecto vector da Flavescencia Dourada da vide, unha fitopatoloxía que xa está presente nos viñedos do sur de Galicia e que, para deter a súa expansión, a Xunta obriga a realizar tratamentos insecticidas nesta época.
Neste sentido, a multinacional Syngenta, en colaboración con Fitoagraria, presentará Cropwise, unha trampa dixital automática, xa probada en Italia, e que supón un importante avance na loita contra o Scaphoideus titanus.
A presentación realizarase ás 12:00 horas nun viñedo da Cooperativa Viña Costeira, no Ribeiro. A asistencia é gratuíta e o punto de encontro é o seguinte:
https://maps.app.goo.gl/kNfJK28ExSsKyuMx7
Galego









Control OJD