Presentado o selo ‘Galicia Calidade Alimentaria’

As diferentes Denominacións de Orixe e Indicacións Xeográficas Protexidas agruparanse baixo este selo de garantía, que se presentou na I Mostra de Calidade Alimentaria, organizada pola Xunta no Pazo de Quián

Presentado o selo ‘Galicia Calidade Alimentaria’

Lugar de presentación da I Mostra de Calidade Alimentaria no que se detallaban diferentes iniciativas.

A I Mostra de Calidade Alimentaria, organizada pola Consellería do Medio Rural, estase a celebrar no Pazo de Quián, en Sergude (Boqueixón). No seu arranque presentouse o novo selo ‘Galicia Calidade Alimentaria’, que agrupa as diferentes D.O. e I.X.P de Galicia coa finalidade de dar apoio a excelencia recoñecida nestes produtos, afondando na súa promoción e procurando unha posta en valor cada vez maior.
Este selo promocionase coma unha etiqueta de calidade nunha ampla variedade de produtos de mar a terra. Na presentación estaban presentes unha ampla gama deles, desde os diferentes queixos de D.O. ata viños galegos, acompañados de pan e outros produtos de I.X.P. R

Uno de los puestos presentes en la apertura muestra que exhibe vinos de la D.O. Rías Baixas con pan Gallego de I.X.P.

Uno de los puestos presentes en la apertura muestra que exhibe vinos de la D.O. Rías Baixas con pan Gallego de I.X.P.

Marketplace, Écociña e Premios
Nesta I Mostra tamén se presentaron iniciativas que buscan unha aproximación de novas posibilidades ao produto galego a través dun ‘marketplace’, un mercado dixital que pretende achegar ao consumidor á calidade alimentaria mediante o contacto directo con produtores locais para fomentar o consumo sostible, e así mesmo de calidade.

A ‘Écociña’ foi outra dos proxectos detallados no Pazo de Quián, na idea de enfocar a hostalería do Camiño de Santiago cara obxectivos de sostibilidade. Para isto, a ‘Écociña’ ofrece como fórmula fundamental a utilización de produtos de calidade e certificados e unha idiosincrasia a favor do crecemento económico local e das comunidades sostibles.

Panel explicativo a cerca de la Écociña y sus objetivos

Panel explicativo a cerca de la Écociña y sus objetivos

O desenvolvemento do rural e o reverdecemento desta parte de Galicia é unha meta a longo prazo que parte da posta en valor dos produtos locais e da concienciación do seu uso por parte dos negocios galegos e nacionais. Segundo Inés Santé, directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, “o principal valor do medio rural é o que xere un emprego que fixe a poboación no territorio. Poñer en valor a calidade dos nosos produtos é o primeiro paso para iso”.

Estes días tamén se están a entregar na I Mostra os premios Exceleite e os correspondentes ás Catas de queixos e meles recoñecidos, para facer fincapé na necesidade dunha alimentación saudable. Como parte disto, á saída do lugar de presentación da Mostra estaba a ‘gastroteca’, pola cal a cada un dos participantes se lle agasallaba cun pequeno menú conformado por produtos de calidade e recoñecidos polas marcas galegas. Seguindo o fío gastronómico, o broche final do día estivo de man de Marta Fernández, directora do Centro Superior de Hostalería de Galicia, quen conferenciou acerca de alimentos galegos de calidade seguido dun ‘showcooking’.

Proxecto Buxo e outras actividades da axenda 2022
Esta xornada tamén serviu para a presentación do ‘Proxecto Buxo’, anunciado polo presidente da Xunta coma “un espello dun territorio ordenado e dun rural no que convive a tradición e a innovación e que aposta pola formación”. O lugar obxectivo é o Pazo de Quián, onde se poñerán a disposición do proxecto 100 hectáreas de terreo, así como a procura de espazos pensados para a mocidade.

O contacto coa natureza galega converteuse noutro tema fundamental para as actividades da axenda 2022. Exemplo disto, foi a presenza de dúas representantes do Club de Debate, que estiveron na presentación como testemuñas do novo espazo que terán os seus integrantes para a realización de actividades, como o Torneo Nacional.

En palabras de María Caamaño, membro da xerencia do club, “as nosas aspiracións son dinamizar este espazo e o propio Pazo, o cal chama a atención de compañeiros e compañeiras nosas de debate do resto de España”.

Amosáronse outras actividades da axenda 2022, pola cal se aposta polo medio natural que rodea Galicia, e neste caso concreto, o Pazo de Quián, tales como rutas de sendeirismo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información