Presentado o proxecto Comedores Responsables Km. 0

A iniciativa busca impulsar a produción local e o consumo en comedores colectivos

Presentado o proxecto Comedores Responsables Km. 0

Presentación do proxecto Comedores Responsables KM0.

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, asistiu á presentación do proxecto de cooperación Leader Comedores Responsables Km. O. Nel colaboran a Consellería do Medio Rural e oito Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) galegos, coordinados polo GDR Terras de Compostela.

O obxectivo é fortalecer a produción alimentaria do territorio e potenciar o consumo de base local en comedores de colectividades, como os escolares ou os da terceira idade. A proposta pretende abastecer con produtos km0 ás áreas participantes, favorecendo o tecido produtivo e a profesionalización dos agricultores locais.

Tamén se busca impulsar as canles curtas de abastecemento, poñer en valor a produción de proximidade e crear lazos de cooperación entre os distintos territorios.

Ademais do GDR Terras de Compostela, participan os GDR Comarca de Lugo, Miño-Ulla, Sil-Bibei-Návea, Adercou, Pontevedra Norte, Comarca de Ordes e Costa da Morte. O proxecto desenvolverase en case 90 concellos galegos.

Entre os resultados agardados están a implantación do programa en todas as zonas, a consolidación dunha rede de comedores e produtores locais e a entrega de certificacións KM0 aos centros que cumpran cos requisitos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información