Presentado o programa das Xornadas Técnicas de Vacún de Leite de SERAGRO, que se celebrarán o 14 e 15 de novembro

presentacion xornadas seragro 2024Este luns presentáronse na sede da Deputación de Lugo as XXI Xornadas Técnicas de Vacún de Leite, organizadas por Seragro coa colaboración un ano máis da administración provincial. As xornadas celebraranse os vindeiros 14 e 15 de novembro na Facultade de Veterinaria.

As xornadas, que reúnen a expertos e gandeiros, serven como plataforma para presentar os últimos avances na investigación aplicada, co obxectivo de mellorar a calidade de vida dos profesionais, o benestar animal e a rendibilidade das explotacións. Estas iniciativas non só benefician aos gandeiros, senón que tamén contribúen ao dinamismo social e económico da provincia.

Programa das xornadas

O programa das XXI Xornadas Técnicas de Seragro contará cun extenso e variado calendario de actividades e relatorios coa presenza de prestixiosos expertos do sector, tanto a nivel galego como internacional. Entre os participantes destaca Francisco Peñagaricano, docente asociado no Departamento de Ciencias Animais e Lácteas da Universidade de Wisconsin-Madison. O programa ao detalle a continuación:

Xoves, 14 de novembro

10:30 horas: Inauguración

11:00 horas: Aplicacións prácticas dos coñecementos da epixenética en granxas de vacún leiteiro- Juan Francisco Sánchez Madueño, licenciado en Veterinaria Veterinario e cofundador de SamaVet

11:30 horas: Probas xenómicas en vacún leiteiro: avances, desafíos e perspectivas- Francisco Peñagaricano, profesor asociado no Departamento de Ciencias Animais e Lácteas da Universidade de Wisconsin-Madison

12:30 horas: Evolución dos datos técnicos tras a implantación do xenotipado, experiencias en granxa- Francisco Peñagaricano, profesor asociado no Departamento de Ciencias Animais e Lácteas, Universidade de Wisconsin-Madison

13:30 horas: Coloquio

14:00 horas: Xantar 

16:00 horas: Con que sistema muxo as miñas vacas- Javier Liste, licenciado en Veterinaria. Máster en Asesoría e Xestión de Explotacións de Vacún de Leite

16:35 horas: Muxido traseiro- Manuel Sandá, gandaría SAR SL de Touro, A Coruña

16:55 horas: Sala rotativa- Rubén Gómez, granxa A Esperanza San Sadurniño, A Coruña

17:15 h Batchmilking- Cristóbal Touriñán, ganadaría Pastora SC, de Muxía

17:35 h Debate

18:00 h Encontro gandeiro baixo o título: Liberdade e eficiencia para as túas vacas? con Lely o muxido é unha experiencia doutro nivel

Venres, 15 de novembro

10:00 horas: Gandeir@ por un día-Quiara Pardiñas, gandaría O Palomar Láncara

10:30 horas: Ferramentas para a toma de decisións en explotacións leiteiras- Álex Bach, licenciado en Veterinaria, pola Universidade Autónoma de Barcelona Máster e Doutoramento en Produción Animal pola Universidade de Minnesota

11:00 horas: A tecnoloxía que nos transforma: monitorización da saúde da recría- Carolina Tejero, asesora en recría e técnica veterinaria MSD

11:45 horas: Pausa do café

12:15 horas: De gandeiro a experto en datos: maximizando o potencial dos robots na xestión da granxa- David García Torres, licenciado en Veterinaria pola Universidade Autónoma de Barcelona e Asesor de explotacións leiteiras

12:45 horas: Saúde do ubre: das células á condutividade- Noelia Mourazos García, licenciada en Veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Calidade do Leite en Seragro SCG

13:20 horas Coloquio

16:00 horas: Mellorando a calidade do ensilado para acadar alta eficiencia da produción leiteira. Importancia da planificación e da xestión agronómica-Lluis Xanxo-Doria, enxañaría agrónomo Asesor agronómico-nutricional

16:30 horas: Experiencia no primeiro ano: implantación e obxectivos Agrociucende SC-José Manuel Sánchez, Agrociucende SC Boimorto, A Coruña

16:50 horas: Manexo e resultados tras dez anos de cultivo-Laura Seoane, Ugasma SL, Boimorto, A Coruña

17:40 horas: El éxito del Ganadero con G de Gefe- Sebastián Martín, doutor en Veterinaria Asesor e consultor independente en BOVIverso

18:15 horas: Acto de clausura con brinde do leite

Apoio da Deputación de Liugo

O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López, destacou que a institución provincial aumenta a súa colaboración, incrementando a achega económica a 15.000 euros. Puxo en valor a importancia deste encontro “que conta con máis de dúas décadas de historia, consolidándose como un referente para o estudo e a reflexión sobre o sector lácteo, grazas ao esforzo dos organizadores e participantes”.

Recordou o firme compromiso da Deputación co sector primario, manifestado a través de investimentos en proxectos significativos para o futuro da provincia, como os realizados na Granxa Gayoso Castro. “Proxectos importantes como os que levamos a cabo na Granxa Gayoso Castro, ben sexa coa recría de Rubia Galega ou co Centro Experimental de Leite”, explicou.

Así mesmo, fixo mención o Deputado de Medio Ambiente, en base ao compromiso da institución co sector gandeiro, da construción dunha nova granxa de Porco Celta na Finca Gayoso Castro, “unha iniciativa que xa ten consignación orzamentaria para levala a cabo, aprobada no pasado Pleno, na que se vai investir máis dun millón de euros”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información