Presentado o plan de formación contínua do Ministerio de Agricultura para os profesionais do agro

Incidirá no fomento da profesionalización do sector agroalimentario a través da formación, capacitación e captación de talento

Screenshot

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) publicou na súa páxina web o Plan de Formación Continua 2026 para o persoal técnico do medio rural, co obxectivo fundamental de impulsar a formación agroalimentaria como unha ferramenta clave no desenvolvemento rural.

O plan contempla 61 actividades formativas nas que se abordarán diversos temas de especial relevancia, como o relevo xeracional, a incorporación das mulleres ao sector primario, a innovación e a dixitalización, a xestión de egadíos, a sanidade animal ou o asesoramento técnico, entre outros ámbitos estratéxicos.

Os cursos están dirixidos a técnicos e técnicas que desenvolven o seu labor en distintos ámbitos do medio rural, entre os que se inclúen o persoal das distintas administracións públicas, redes e grupos de acción local; organizacións profesionais agrarias; cooperativas e asociacións do medio rural; axentes de emprego e desenvolvemento local; así como titulados universitarios que traballan no sistema de asesoramento aos potenciais beneficiarios das axudas da Política Agraria Común (PAC) en materia de xestión de terras e explotacións agrarias.

Esta nova edición do plan mantén a modalidade dual, con accións formativas tanto virtuais como presenciais. Os cursos e xornadas en modalidade virtual desenvolveranse a través dunha plataforma de formación específica, mentres que as actividades presenciais terán lugar nas instalacións do ministerio ou noutras localizacións habilitadas. Algúns cursos combinan ambas modalidades.

Enlace: https://www.mapa.gob.es/es/desarrollo-rural/formacion/formacion-continua/formacion-continua-mapa

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información