Presentado o cartaz da Feira do Viño do Ribeiro 2021

Publicidade

cartel feira do viño ribeiro58_21_pqA organización da Feira do Viño do Ribeiro (C.R.D.O. Ribeiro e Concello de Ribadavia) presentou esta mañá no salón de plenos do Concello de Ribadavia o cartel que anunciará a 58ª edición, que este ano se celebrará o último fin de semana do mes de maio, os días 28, 29 e 30 de maio de 2021, en formato “híbrido”.

O cartel creouno a artista gráfica Ari Quintas Núñez, formada na escola de Artes Aplicadas e deseño “Antonio Failde” de Ourense. En relación ao cartel comentou que “a imaxe alude ao vínculo coa terra que agora máis que nunca reclama atención e respecto. O cariño, a fusión entre a natureza e as e os que a traballan. É unha aperta aos viñedos en agradecemento pola súa xenerosidade. Esa é a idea principal que quero transmitir con esta composición».

No acto estiveron presentes, ademais da deseñadora Ari Quintas, o presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Juan Casares, a alcaldesa de Ribadavia, Noelia Rodríguez, e a tenente de alcaldía, Paula Rodríguez.

Sobre Ari Quintas

Natural de O Carballiño. Estudou deseño gráfico na escola de Artes Aplicadas e deseño “Antonio Failde” de Ourense. Actualmente traballa como freelance. Deseñou os carteis das XOCIVIGA (Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia) desde 1997 ata 2001. Deseña a cartelería da feira de artesanía Pepa Loba. Tamén creou o cartel da Festa do Pulpo de O Carballiño en 2018, 2019 e 2020. Por último resaltar que colabora coa cartelería dos colectivos polo estudo e reutilización artística dos vertidos plásticos da costa, «Mar de Fábula» e «RetoqueRetro» de A Coruña.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información