Presentada a Escola de pastores impulsada por Ovica

A formación consta dunha parte teórica centrada na aptitude empresarial agraria especializada e outra práctica, que se impartirá no período de marzo a xullo e de setembro a outubro

Presentada a Escola de pastores impulsada por Ovica

A Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia (Ovica) presentou o seu proxecto de Escola de Pastores no Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro do Inorde, en Xinzo de Limia, nun acto con participación da Xunta e da Deputación de Ourense.

Este proxecto céntrase na formación específica de pastoreo e conta tamén co apoio da Fundación La Caixa. Consta dunha parte teórica centrada na aptitude empresarial agraria especializada e outra práctica, que se impartirá no período de marzo a xullo e de setembro a outubro.

Desde a Xunta, o director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, sinalou que o pastoreo “é máis que unha actividade produtiva”, xa que implica unha xestión sostible do territorio e contribúe a potenciar este tipo de cría en extensivo que crea unha barreira natural fronte os incendios forestais e promove un monte xestionado e produtivo. Alemparte asegurou que “ser hoxe pastor é ser un profesional cualificado”, con coñecementos técnicos e capacidade empresarial.

A Escola de Pastores centrará as súas actividades nos concellos do centro e oriente ourensán.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información