Presentación do grupo operativo ‘Purín preciso’

Unha xornada online amosará os traballos de innovación no control e documentación de puríns

Presentación do grupo operativo ‘Purín preciso’

O Grupo Operativo galego PURINPRECISO organizará un webinar online o martes 4 de xuño ás 10:00h para presentar o seu proxecto de innovación. Na xornada, representantes das entidades que forman parte deste proxecto exporán os traballos que están a realizar para alcanzar os obxectivos e resultados esperados de PURINPRECISO.

O Grupo Operativo galego PURINPRECISO, que se creou en 2023, ten como finalidade deseñar e probar un equipo para o análise, control e documentación dixital en tempo real da aplicación de puríns con tanques distribuidores. Para isto, estase desenvolvendo un sistema intelixente propio que permita a regulación en tempo real da dose de aplicación dos puríns, baseándose nas necesidades do solo e do cultivo, proporcionando información sobre os nutrientes do purín.

Dentro das actividades de divulgación do proxecto, organízase este webinar online gratuito para dar a coñecer entre os diferentes axentes do sector e o público en xeral, os obxectivos, actividades en desenvolvemento e avances do proxecto de innovación. Ademais, cada unha das entidades participantes no Grupo Operativo galego PURINPRECISO explicarán o papel que están a desempeñar no proxecto, así como o impacto positivo que terá nos sectores agrícola e gandeiro.

O webinar contará coas intervencións de representantes das catro entidades galegas que integran o proxecto: Talleres Carruxo S.L., SAT As Pandas, a Universidade de Santiago de Compostela a través dos grupos de investigación BioModem, Visión Artificial e Arquitectura de Computadores, e a Fundación Empresa-Universidade Galega. Ademais, o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM-Agacal) participa no proxecto como entidade colaboradora.

PURINPRECISO_Programa_pages-to-jpg-0002

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información