Presentación en Galicia da feira FIMA, que se celebrará en Zaragoza do 10 ó 14 de febreiro

Presentación en Galicia da feira FIMA, que se celebrará en Zaragoza do 10 ó 14 de febreiro

Santiago acolleu hoxe unha presentación da feira FIMA, un dos grandes certames europeos no ámbito da maquinaria agrícola. Na súa anterior edición, xuntou a máis de 1.000 expositores, sobre un total de 102.000 metros cadrados e recibiu a máis de 160.000 visitantes.

A próxima edición celebrarase do 10 ó 14 de febreiro, incorporando como novidade o espazo Fima Tech, no pabillón 9, que ofrecerá espazo para empresas, universidades e start-ups. Haberá demostracións e presentacións, orientadas a posibles compradores, pero tamén actividades orientadas a posibles inversores.

Outro das novidades será o FIMA Conecta Talento, un espazo co que a feira quere atraer talento ó sector agrario, non só de persoas ligadas a profesións agrarias, senón doutros ámbitos (ciclos formativos de distintas gamas, informática, etc.).

O evento, ademais de manter o seu sinal de identidade como plataforma de venda, aspira así a promover a innovación e o networking no espazo agrario.

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, participou esta mañá no acto de presentación da Feira Internacional de Maquinaria Agrícola (FIMA) de Zaragoza, que tivo lugar en San Caetano. Alí salientou a relevancia das feiras de maquinaria para achegar tecnoloxía punteira ao sector primario.

Esta presentación enmárcase na aposta pola colaboración entre FIMA e CIMAG-GANDAGRO que se organiza en Silleda para unir forzas e establecer vías de colaboración entre ambos eventos.

Neste acto, no que estivo acompañada polo director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros; polo director da Feira Internacional de Maquinaria Agrícola (FIMA), Fernando Cidraque; e pola directora general adjunta de Feria de Zaragoza, Ana Hernández, a titular de Medio Rural destacou que este tipo de certames son “espazos de encontro, de aprendizaxe e de intercambio de coñecemento” e poñen o foco nas últimas novidades en automatización, tecnoloxía, robotización ou agricultura de precisión.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información