Prescritores suízos visitan a D.O. Ribeiro

Publicidade

Xornada Ribeiro SuizaO C.R.D.O. Ribeiro recibiu hoxe a visita dunha delegación de prescritores suízos, especializados no sector vinícola global, para continuar coa aposta pola promoción e o desenvolvemento de negocio das adegas e viños do D.O. Ribeiro a nivel internacional.

Participaron nesta acción un total de oito profesionais, nunha viaxe organizada pola Organización Interprofesional do Viño de España (OIVE), que puxo en marcha este mes de xuño o proxecto europeo “Building Awareness, Cultivating Trust: EU Quality Wines from Spain & Portugal”, que inclúe a visita a España dunha selección de prescritores da Suíza, Noruega e Reino Unido.

A Unión Española de Catadores (UEC) coordinou o itinerario de visitas destas viaxes. Para o primeiro deles incluíu a D.O. Ribeiro como unha das rexións para visitar.

Durante a sesión, realizouse unha presentación da D.O. Ribeiro e organizouse un completo túnel do viño con 19 referencias, entre viños brancos e tintos, nas instalacións do Consello Regulador, en Ribadavia. Con posterioridade a esta presentación, o grupo desprazarase a un par de adegas da D.O. Ribeiro para coñecer en maior profundidade a rexión.

“A maioría dos invitados non estivera previamente na D.O. Ribeiro, esperamos que, coa presentación, o túnel de viños e as visitas a diferentes perfís de produtores se leven unha completa visión da nosa Denominación de Orixe e da calidade dos nosos viños e adegas” engade a presidenta do C.R.D.O. Ribeiro, Concha Iglesias Pousa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información