
Dentro do labor de promoción que teñen que desenvolver os consellos reguladores das denomonacións de Orixe (DO), o da de Monterrei organizou unha visita ao seu territorio por parte de cinco recoñecidos prescriptores que operan en Madrid.
Os profesionais da difusión da viticultura que participaron na visita foron Alberto Granados (director da Revista Gastroplanet), Emma Sueiro (redactora xefa de Canal Cocina), María Jose Cavadas (Madridiario e Diario Crítico), Elvira Sánchez (blog de Bodegas Catadelvino.com e La Bruja Viri) e Patsy Montiel (CEO Guía Madrid Seduce).
Os cinco visitantes participaron en tres túneles do viño (‘Variedades’, ‘Añadas eméritas’ e ‘Valles’), na presentación da DO Monterrei na sede da entidade e visita ao lagar rupestre Xan Preto. Ademais, coñeceron catro adegas adscritas á DO -Fragas do Lecer, Terras do Cigarrón, Gargalo e Triay- nas que visitaron viñedos e instalacións e cataron diferentes viños.
Segundo o presidente do Consello Regulador, Manuel Vázquez Losada, “trátase dunha iniciativa impulsada nos últimos anos que quixemos repetir porque permite mostrar in situ o traballo dos nosos viticultores e adegueiros, o terroir, castes, elaboracións e a nosa cultura e tradición vitivinícola”.
A D.O Monterrei abrangue os municipios de Verín, Monterrei, Vilardevós, Riós, Oímbra, Castrelo do Val, Laza e Cualedro. Está conformada por 29 adegas. Os viñedos ocupan un total de 798,10 hectáreas nas que traballan 381 viticultores.
Galego








Control OJD