Preocupación nos produtores en ecolóxico polas medidas de apoio da Xunta ao sector

Asemblea de PROECOGAL. Foto: Arquivo

Asemblea de PROECOGAL. Foto: Arquivo

A Asociación de Produtoras e Produtores de Ecolóxico de Galicia (PROECOGAL) mantivo unha reunión esta semana en Santiago de Compostela co Director Xeral da PAC, Juan Jose Cerviño e coa subdirectora xeral de xestión da PAC, Dolores Souto.

Dende PROECOGAL aseguran que “plantexamos as inquedanzas que existen no sector polos continuos cambios de criterio da consellería no que a produción ecolóxica se refire, trasladando en moitas ocasións a sensación de que dende a Administración Autonómica non se aposta claramente polo sector do ecolóxico, pois levase moito tempo falando do obxectivo de que en 2030 o 25% da superficie agraria sea de produción ecolóxica e os últimos datos dos que dispomos falan incluso dunha diminución desa superficie nos últimos anos”.

O principal tema a tratar na xuntanza, segundo PROECOGAL, foi a apertura da liña de axudas agroambientais para ecolóxico que anunciou a conselleira fai uns días. Neste sentido, manifestan que “dito anuncio, con tan pouca concreción, provócanos gran preocupación. Cabe lembrar o pau que se deu ao sector no 2022 denegando gran parte das axudas e realizando unha pésima xestión da problemática polo anterior equipo da Consellería de Medio Rural”.

Sen embargo, os produtores en ecolóxico, aseguran que saíron da reunión con máis preocupación sobre as axudas agroambientais, xa que “non se sabe de que orzamento se dispón por parte dos representantes da Consellería; tampouco hai concreción cos datos de superficie susceptibles da axuda, pois aínda se están a dar altas no Craega que poden alterar a superficie primable total”.

Ademáis, preocúpalles que “os compromisos son de cinco anos o que vai a facer que estas axudas se podan solapar co novo período PAC, e ademais só se garante a percepción da axuda durante tres anos”.

Neste sentido, dende PROECOGAL advirten de que “podemos incluso crear dous niveis de renda na mesma axuda percibindo unha cantidade as comprometidas en 2023 e outra diferente as novas”.

Outros dos temas tratados na reunión foi a dificultade para compatibilizar agricultura e gandaría no que a xustificación das axudas se refire, “o que fai que a diversificación, que entendemos é fundamental en este tipo de producións, sexa unha misión case que imposible”, lamentan dende a asociación.

Tamén se abordou nesta reunión a axuda específica de compensación pola convivencia con grandes carnívoros -lobo- que, segundo denuncian dende PROECOGAL, “de forma inexplicable é incompatible coas liñas de axudas para a produción ecolóxica”.

Por último, dende asociación esperan “seguir mantendo unha canle de comunicación coa Consellería e entendemos que sería importante que a interacción co sector se realice antes de convocar as axudas, pois entendemos
que é importante dialogar co sector ao que se vai lexislar”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información