Preocupación na DO Rías Baixas polas ameazas arancelarias de Trump

Dende o Consello Regulador indican que hai "incerteza" por saber que pasará co mercado de Estados Unidos, un dos principais destinos das exportacións dos viños Rías Baixas

Publicidade
Preocupación na DO Rías Baixas polas ameazas arancelarias de Trump

Ante as ameazas do presidente norteamericano Donald Trump de impor un arancel do 200 % a todos os viños procedentes da Unión Europea, densde a Denominación de Orixe Rías Baixas mostran a súa preocupación.

O secretario xeral do Consello Regulador, Ramón Huidobro, explica que no sector hai incerteza por saber que é o que pasará co mercado de Estados Unidos, un dos principais destinos das exportacións dos viños Rías Baixas. Aínda así, confía en que “todo quede nunha ameaza máis, como ocorreu noutras ocasións”.

Huidobro solicita ás autoridades europeas e norteamericanas que senten a negociar para acabar coa escalada de ameazas e que o viño “non sexa utilizado en ningún momento como moeda de cambio”.

Polo momento, Rías Baixas mantén as súas accións promocionais en Estados Unidos, o seu primeiro mercado a nivel internacional cunhas vendas de 2.920.016 litros en 2024, por un importe de 23.410.399 euros. Estas cifras supuxeron un incremento sobre 2023 dun 13,93 % e un 15,18 %, respectivamente. Na actualidade, 85 adegas da DO exportan a Estados Unidos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información