Premios da XXVIII Cata dos Viños da Ribeira Sacra

Publicidade

ribeira sacra premios 24Hoxe levouse a cabo a entrega de premios da XXVIII Edición dos Premios Ribeira Sacra, un evento organizado polo Consello Regulador da Ribeira Sacra en colaboración co Concello de Monforte de Lemos.

O acto comezou coa entrega dos premios, elaborados pola olería de Gundivós. Unha vez entregados os premios, continuouse co cóctel para os asistentes, permitindo un espazo de convivencia e celebración dos éxitos obtidos.

Nesta edición, premiáronse as mellores producións en tres categorías: tintos, brancos e outras anadas. Os galardóns distribuíronse do seguinte xeito:

Categoría Tintos:

Ouro: Val da Lenda de Victor Manuel Rodríguez López
Prata: Campaza de Casa Moreiras S.L.
Bronce: Ciudaseis de María Gloria Alvarín Losada

Categoría Brancos:

Ouro: Sollio de Juan Alberto Álvarez Rodríguez
Prata: Don Bernardino de Don Bernardino S.L.
Bronce: As Glorias de Amedo S.L.

Categoría Outras Anadas:

Ouro: 4ª Generación Mencia Barrica 2020 de Don Bernardino S.L.
Ouro: Regina Dona Godello Barrica 2022 de Regina Viarum S.L.
Ouro: Prómine Singular Mencia 2022 de Bodegas Petrón S.L.

Estes premios non só recoñecen a excelencia na produción de viños da Ribeira Sacra, coñecidos pola súa singularidade e calidade debido ás características únicas do seu terroir e á viticultura heroica en terrazas, senón que tamén reforzan o compromiso da rexión coa calidade e a tradición vitivinícola que a distingue.
Nesta edición participaron 67 viños de 24 adegas, 23 deles tintos, 18 brancos e 26 na categoría outras anadas.

O proceso de selección dos viños gañadores levouse a cabo mediante unha rigorosa cata a cegas realizada en tres etapas. O día 17 procedeuse ao precintado dos viños, o día 18 tivo lugar unha precata e, finalmente, hoxe realizouse a cata final.

O panel de cata, composto por sete membros do Panel de Cata do Consello Regulador, expertos no ámbito enolóxico, foi o encargado de avaliar as distintas mostras. Os catadores foron: D. Bruno Lovelle Fernández, Dna. Maira Ratón Fernández, D. Xesús Verao Pérez, D. Luis Buitrón Barrios, D. Juan Angel Fernández Martínez, D. Julio Ponce Mouriño e D. José Antonio Fernández Somoza.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información