A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Premian a automatización das empacadoras New Holland

O sistema permite o guiado automático en fileiras coa dirección e configuración automáticas do peso da paca. A multinacional recibe outro premio polos radares de residuos e o sistema de automatización de esparexido en bucle pechado das súas colleitadoras

Premian a automatización das empacadoras New Holland

O sistema de automatización da empacadora permite mellores resultados e reducir os custes de produción por paca.

A firma New Holland acaba de recibir a medalla de prata á innovación en Agritechnica 2022  polo sistema de automatización das súas empacadoras. Esta innovación única mellora o empacado ao brindar ao operador múltiples vantaxes en comodidade e seguridade, aforro de combustible e calidade das pacas. O premio foi outorgado pola comisión independente de expertos elixida pola sociedade alemá de agricultura (DLG).

O sistema de automatización das empacadoras de New Holland está deseñado para maximizar a produtividade do empacado e o confort do operador en función do volume da fileira, o grosor das capas, a carga da máquina e a carga do motor do tractor. O sistema guía o tractor automaticamente pola fileira, detectando a posición e a sección transversal da fileira para que o sistema adapte automaticamente a velocidade de avance.

O guiado automático da empacadora asegura o enchido homoxéneo da cámara de empacado e utiliza sempre a máxima capacidade dispoñible sen exceder o límite. “Como resultado, a empacadora aumenta a produtividade con máis pacas ao día e incrementa o seu durabilidade. Ao maximizar o rendemento da máquina, o sistema de automatización da empacadora tamén reduce o consumo de combustible do tractor e, por tanto, o custo de produción por paca”, detallan desde a compañía.

Unha función avanzada permite ao operador configurar o peso que desexe para as pacas. O resultado son pacas de peso uniforme, forma perfecta e elevada calidade, mesmo en condicións cambiantes de produto e rendemento. O propio sistema impide as sobrecargas, polo que o operador non se ve obrigado a desbloquear manualmente a empacadora. Ademais, non ten que avaliar constantemente a calidade e a cantidade das fileiras nin axustar a configuración para evitar sobrecargas e bloqueos, xa que o sistema de automatización da empacadora encárgase de todo.

Colleitadoras automatizadas

Automated_Residue_Management_System

As colleitadoras incorporan un sistema de esparexido en bucle pechado que tamén foi premiado por ser unha innovación en automatización.

A compañía tamén recibiu a medalla de prata en Agritechnica 2022 polos radares de residuos e o sistema de automatización de esparexido en bucle pechado que incorporan as súas colleitadoras. Estes radares permiten unha distribución homoxénea e así optimizar o estado do solo para a seguinte colleita.

O sistema de automatización inclúe o uso de radares 2D e un algoritmo en bucle pechado patentado. “O noso sistema elimina a necesidade por parte do operador de prestar constantemente atención ao esparexido de residuos e ter que axustar a configuración se cambian as condicións: pode concentrarse por completo na colleita sabendo que o próximo cultivo crecerá nas mellores condicións”, indican.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *