A Consellería de Medio Rural fixo entrega dos premios das Catas de queixos e meles de Galicia. En total, distinguíronse un total de 12 queixos e 10 meles.
Por categorías, os ouros de queixos corresponderon a Terra de Melide (queixo de Tetilla), Queinaga (Arzúa – Ulloa), Quintián (Artesanía Alimentaria) e Fontelas (San Simón da Costa).
En meles, os ouros foron para O Trobo, do Valadouro (mel multifloral), Mel de Monfero, castiñeiro (monoflorais), Doce bágoa, de Boborás, en meles artesanais e Labrega Mel, da Pobra de Trives, en mel de bosque.
Pódese consultar neste documento a lista completa de premiados en queixos e meles.
No acto, a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, subliñou o peso do queixo e do mel en Galicia, pois o ano pasado producíronse 6.500 toneladas de queixos e 170 toneladas de mel.