Premiados na XIX Feira do Viño de Valdeorras

Publicidade
Premiados na XIX Feira do Viño de Valdeorras

Viña Abad, de Adega Cooperativa Jesús Nazareno, recibiu o premio ao mellor Branco

Na tarde de hoxe entregáronse, na praza barquense de Viloira, os premios aos mellores viños da cata profesional e da cata con xurado popular, dúas iniciativas postas en marcha ao amparo da XIX Feira do Viño de Valdeorras, celebrada neste fin de semana. Os premios da XVII Cata Oficial de Valdeorras, que por vez primeira abriuse a todas as adegas, foro os seguintes:

Brancos

1º Premio- Viña Abad, de Adega Cooperativa Jesús Nazareno

2º Premio- D´Berna, de Guitián y Blanco S.C.

3º Premio- Viñaredo, de Adega Santa Marta S.A.T.

Tintos

1º Premio- Alán de Val, de Adega Alán S.A.T.

2º Premio- Sampayolo Garnacha Vella da Chaira do Ramiriño, de Adega Sampayolo S.L.

3º Premio- Quinta da Peza, de Adega Quinta da Peza S.L.

A mención especial “viños doutras anadas” foi para Viñaredo Barrica 2012 (de Adegas Santa Marta)

Premios da cata con xurado popular

Por outra banda, os premios da cata con xurado popular, iniciativa que se desenvolvía por vez primeira no marco da Feira do Viño e na que participaron máis dunha decena de persoas, foron para as adegas Guitián e Branco S.C. (con D´Berna), que obtivo o primeiro posto; Adega Cooperativa Jesús Nazareno (coa marca Viña Abad), segunda clasificada, e Adega Manuel Corzo Rodríguez (con Viña Corzo), que obtivo o terceiro posto. Todas elas na categoría de brancos.

Xunto a isto, en tintos, as adegas premiadas foron, en primeiro lugar, Roandi S.L (Bancales Barrica 2013); en segundo lugar, Guitián y Blanco S.C (D´Berna-Mencía) e o terceiro posto foi para Adega Cooperativa Jesús Nazareno (Menciño).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información