Premiados na Feira do Viño do Ribeiro 2022

Preto de 200 persoas participaron no concurso no que o público final cata e premia os viños brancos e tintos das adegas e colleiteiros presentes no recinto feiral da Alameda de Ribadavia

Publicidade
Premiados na Feira do Viño do Ribeiro 2022

Foto dos premiados na cata popular da Feira do Viño do Ribeiro 2022

Este mediodía tivo lugar a entrega de premios da Cata Popular desta 59ª edición da Feira do Viño do Ribeiro, ao que asistiron o presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Juan Manuel Casares Gándara, a alcaldesa do Concello de Ribadavia, Noelia Rodríguez Traveso (coorganizadores do evento) e outras autoridades.

Na categoría de Viños Brancos de Adegas resultou galardoado co primeiro premio Alter 2021 de Priorado de Razamonde e o viño Ramón do Casar 2021, de Adega Ramón do Casar recibiu o segundo premio. Pola súa banda, na categoría Viños Brancos de Colleiteiros, levou o primeiro premio Canción de Elisa 2021 de Adega Dona Elisa. Por último, na categoría de Viños Tintos, o mellor veu tinto de Colleiteiros recaeu en Carpazal Selección 2020 de José Antonio Rodríguez Fernández e o mellor viño tinto de Adegas resultou ser Preto de Leive 2020 de Leive Ecoadega.

Doutra banda, recoñeceuse como Mellor Catador de Viños Tintos de Adegas a Jesús Moradiellos Arias de Ourense, o galardón de Mellor Catador de Viños Tintos de Colleiteiros levoullo Ainhoa Viñuela Don, de Ribadavia. Na categoría de Mellor Catador de Viños Brancos de Colleiteiro premiouse a Darío Vázquez Boullosa, veciño de Ourense e como Mellor Catador de Viños Brancos de Adega a galardoada foi Lara Villamarían Rojo, de Arnoia. Estes premios outórganse ás persoas que máis se acheguen aos resultados finais dos viños premiados nas distintas categorías.

Na súa intervención, Juan Manuel Casares quixo resaltar “o nivel dos nosos viños brancos, que poden competir cos mellores do mundo, apréciase pola cantidade premios que obteñen nos concursos de viños, como o nacional Vinespaña ou Bacchus, o francés Challenge du Vin ou o alemán Mundus Vini”. Tamén destaco “a potencialidade de futuro dos nosos tintos así como dos especiais tostados e espumosos”.

Pola súa banda, a alcaldesa de Ribadavia, Noelia Rodríguez, sumouse ás felicitacións para adegueiros e colleiteiros, e lembrou que “para unha gran feira hai que dedicar moito traballo e esforzo, tanto de adegas e colleiteiros como dos viticultores”. “Este evento é unha posta en valor do noso produto estrela, o viño e ademais dos premiados, gañadores da cata popular, gañamos todos”. Agradeceu tamén “o traballo dos voluntarios incansables na feira así como o saber estar de todos os visitantes que fan deste evento algo moi grande”. Por último, comentou que “xa están a contar ansiosos as horas para empezar cos preparativos da 60 edición, que será unha feira especial”. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información