A Consellería do Medio Rural ven de publicar un díptico no que detalla os aspectos básicos á hora de pasar a Inspección Técnica de Aplicación de Produtos Fitosanitarios (ITEAF). Esta inspección é de carácter obrigatorio e deberá realizarse antes do 26 de novembro deste ano. O seu obxectivo é certificar que o equipo se atopa en condicións axeitadas para que a aplicación de produtos fitosanitarios non supoña un risco para o medioambiente e para a saúde humana.
Qué equipos deben pasar a inspección?
Equipos móbiles de aplicación de produtos fitosanitarios de uso agrario e non agrario:
-Pulverizadores hidráulicos (de barras ou de pistolas)
-Pulverizadores hidroneumáticos (atomizadores)
-Pulverizadores neumáticos (nebulizadores)
-Pulverizadores centrífugos
-Espolvoreadores
Equipos de aplicación montados a bordo de aeronaves.
Equipos instalados no interior de invernadoiros e outros locais pechados.
Pulverizadores de arrastre manual (carretillas) con depósito maior de 100 litros. quedan excluídos os pulverizadores de mochila.
Os equipos a inspeccionar deberán estar previamente inscritos no ROMA para poderlle facerlle a inspección.
Que empresas están autorizadas a realizar a inspección en Galicia?
As inspeccións serán realizadas polas Estacións de Inspección Técnica de Aplicación de Produtos Fitosanitarios (ITEAF) autorizadas pola Consellería de Medio Rural e publicadas na súa páxina web. A día de hoxe hai un total de 15 empresas autorizadas.
O interesado poderá contactar con calquera delas e solicitar cita previa para realizar a inspección da súa máquina, que estará dada de alta previamente no ROMA.
O titular ou usuario recibirá o certificado ou boletín co resultado da inspección, e este será: favorable, sen defecto grave, ou desfavorable, con defecto grave. Non se poderá utilizar o equipo ata a reparación dos elementos defectuosos.
Cada canto tempo hai que pasar a inspección?
-Todos os equipos deberán ser inspeccionados antes do 26 de novembro de 2016.
-Se son equipos novos, deberán ser inspeccionados unha vez dentro dos cinco primeiros anos tras a súa compra.
-As inspeccións posteriores unha vez feita a primeira, serán cada cinco anos, agás para os titulares enumerados no apartado 1 anterior, que será cada tres anos.
-A partir do ano 2020, todos os equipos deberán ser inspeccionados cada tres anos.
Que aspectos hai que revisar antes de levar o equipo a pasar a ITEAF?
-Limpar o equipo a inspeccionar por fóra e por dentro para eliminar os residuos do produto, especialmente as partes que están en contacto directo cos produtos fitosanitarios.
-Recoméndase desmontar unha a unha todas as boquillas e todas as mallas dos filtros.
-Comprobar que as boquillas non se atopan obstruídas nin desgastadas e o correcto estado das mallas dos filtros.
-Non se admitirán máquinas de tratamentos que presenten fugas nos seus circuítos hidráulicos. As tomas de forza e seu eixe estarán debidamente protexidos, así como o resto de elementos móbiles do equipo.
-O operador habitual da máquina de tratamento estará presente na inspección.
-É necesario que o manómetro da máquina de tratamentos presente as divisións adecuadas tanto para cultivos baixos como para cultivos altos.
-Deberase levar o depósito da máquina de tratamentos cheo de auga en 3/4 partes da súa capacidade nominal.
-A máquina de tratamentos estará accionada preferiblemente polo tractor co que traballa habitualmente.
-Os defectos detectados serán reparados previamente antes de levar a máquina á inspección.
Descarga aquí o díptico completo sobre as ITEAF publicado pola Consellería do Medio Rural