Precisas terras para a túa explotación agrícola ou gandeira? Presenta aquí o teu proxecto

Precisas terras para a túa explotación agrícola ou gandeira? Presenta aquí o teu proxecto

A Xunta de Galicia facilita os trámites para que as pequenas e medianas empresas do sector primario e agroalimentario galego e outros interesados no agro presenten iniciativas que sexan susceptibles de ser financiadas polo Plan de recuperación, transformación e resiliencia, deseñado polo Goberno central para optar a fondos europeos para facer fronte aos efectos da covid-19, os coñecidos coimo Fondos Next Generation . Así, a Xunta anima a todos aqueles interesados a que presenten proxectos para optar aos fondos europeos, especialmente aqueles que queren aumentar a súa base territorial.

Así, os agricultores, gandeiros e silvicultores galegos interesados poderán realizar esta tramitación cubrindo un sinxelo formulario on line, dispoñible na web da Consellería do Medio Rural pinchando no seguinte enlace. Trátase dunha presentación simplificada, que tan só require cubrir dita solicitude como apoio á documentación que se xunte para aspirar aos referidos fondos. Esta é unha iniciativa pioneira que a Administración autonómica pon en marcha co fin de axilizar e facilitar toda a tramitación.

A Xunta ampliou recentemente, ata o vindeiro día 30 de abril, o prazo para concorrer a esta Manifestación de interese, tendo en conta a gran demanda existente no sector agroalimentario galego para participar na iniciativa, que ten carácter non vinculante. O obxectivo é identificar os interesados en participar nos proxectos tractores e transversais impulsados pola Consellería do Medio Rural ao abeiro dese Plan, ao tempo que se axudará a definir as liñas estratéxicas de actuacións futuras no rural galego.

Finalidade

A finalidade deste Plan é a reactivación económica a curto e medio prazo e a transición cara a unha economía sostible e resistente a longo prazo. Nesa liña, e no marco desta iniciativa, a Xunta presentou ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e ao de Industria, Comercio e Turismo o “Polo para a transformación de Galicia”, como un proxecto transformador que promoverá o desenvolvemento de catro proxectos tractores e catro proxectos transversais, cos que afrontar os catro grandes retos (Transición Ecolóxica, Transición Xusta, Transición Dixital e Loita contra o despoboamento e o reto demográfico).

En concreto, unha parte destes proxectos tractores e transversais están dirixidos a apoiar o sector primario galego. Ao mesmo tempo, tamén se contempla a implementación dos instrumentos recollidos na futura Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, para promover a bioeconomía e a calidade de vida no noso rural. En particular, este proxecto tractor leva asociada a posta en produción de 18.000 hectáreas de terra abandonada no rural galego para usos agrícolas, gandeiros ou forestais, así como a posta en marcha de 200 aldeas modelo. Unha opurtunidade para aqueles que queiran ampliar ou poñer en marcha a súa explotación agrícola ou gandeira.

Outra iniciativa tractora é o proxecto de biofábrica de fibras téxtiles sostibles -que ten por obxectivo pechar o ciclo da transformación da madeira en Galicia- suporá un forte impulso do sector forestal galego na liña que marca o Plan Forestal 2021-2040 cara á multifuncionalidade e a diversificación do monte.

Ademais de poder facer a solicitude a través do formulario habilitado -opción máis recomendada debido á inmediatez de tramitalo en liña-, as manifestacións de interese de proxectos autonómicos tamén se poderán enviar ao enderezo de correo electrónico proxectos.medio-rural@xunta.gal, aportando un breve informe ou documentación adicional que proporcione información relevante sobre a iniciativa presentada. A avaliación dos proxectos será levada a cabo pola Consellería do Medio Rural, en colaboración cos organismos e entidades que impulsen os compoñentes aos que se orienten os proxectos presentados.

As Manifestacións de interese de proxectos autonómicos poden atoparse no seguinte enlace

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información