A praga da polillla guatemalteca da pataca salta á Costa da Morte

Publicidade
A praga da polillla guatemalteca da pataca salta á Costa da Morte

Pataca coa couza guatemalteca

O Diario Oficial de Galicia publica este luns a declaración do concello de Muxía, na comarca da Costa da Morte, como zona infestada pola praga da Tecia solanivora Povolny, ou couza guatemalteca da pataca.

Desta forma son xa 33 os concellos galegos nos que quedará prohibido plantar tubérculos, arrincaranse os poucos que poidan estar plantados e destruiranse os que estean almacenados, tanto para o consumo como de sementeira. Ademais, establécese unha zona tampón de vixilancia e trampeo nos concellos de Cee, Dumbría, Fisterra, Vimianzo e Camariñas.

Ademais das comarcas de Ferrolterra, Ortegal, A Mariña de Lugo e occidente de Asturias, esta praga, que foi detectada na Comunidade Autónoma de Galicia en agosto do ano 2015, salta tamén á Costa da Morte e aproxímase a unha das principais comarcas produtoras de pataca, como é a de Bergantiños.

Non está claro como chegou a praga a Muxía, situada a 140 kilómetros do concello máis próximo onde se detectara a couza guatemalteca, o de Ares.

Charla informativa este martes

O que si transcendeu é que a detección foi grazas un particular de Muxía que, alertado polas imaxes que vira nos medios de comunicación respecto desta praga, entendeu que o seu produto, plantado para autoconsumo, podía ter a mesma afectación e levou mostras a analizar á oficina de Extensión Agraria. De alí foron enviadas ao Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia, localizado en Mabegondo e dependente de Medio Rural, que constatou a presenza das larvas deste insecto.

Este martes, ás 21:00 horas está previsto unha charla informativa dos técnicos de Medio Rural no Salón do Voluntariado de Muxía. Nos próximos días comezará a retirada do tubérculo no concello.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información