A praga da Flavescencia Dourada da vide espállase á comarca do Ribeiro

Publicidade

Captura de pantalla 2024-11-27 145326O Diario Oficial de Galicia publica hoxe unha resolución na que se recolle unha ampliación dos concellos con presenza da praga de corentena denominada Flavescencia dourada da vide, establecendo a zona demarcada e adoptando medidas urxentes para a súa erradicación e control en Galicia. Esta actualización inclúe dous novos concellos onde se declaran parcelas infestadas na provincia de Ourense, A Arnoia e Ribadavia. Ademais, a zona tampón amplíase na provincia ourensá a varias parroquias dos concellos de Castrelo de Miño, Melón, Cartelle e Ramirás.

A praga denominada Flavescencia Dourada da vide é provocada polo organismo denominado Grapevine flavescence dorée phytoplasma e transmitido por un insecto vector (Scaphoideus titanus). A nova zona demarcada está formada pola zona infestada -parcelas onde se confirma a súa presenza- e unha zona tampón arredor desta.

O 2 de febreiro de 2023 publicouse a resolución que declaraba a presenza de Flavescencia dourada en Galicia, estableceu a zona demarcada e as medidas urxentes para a súa erradicación e control. O 17 de novembro de 2023 ampliáronse as zonas demarcadas e establecéronse novas medidas de erradicación e control. Durante as prospeccións realizadas ao longo do 2024 producíronse novas deteccións deste organismo nocivo, o que fai preciso ampliar a zona demarcada e manter as medidas xa establecidas.

As parcelas infestadas a día de hoxe atópanse nos concellos da Cañiza, Arbo, As Neves, Crecente, O Rosal, Oia e Tomiño, na provincia de Pontevedra; e nos concellos da Arnoia, Cortegada, Gomesende, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado e Ribadavia, en Ourense. Ademais, a zona tampón tamén se estende a varias parroquias dos concellos de Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e Tui, na provincia de Pontevedra; e varias parroquias de Castrelo de Miño, Melón, Cartelle e Ramirás, en Ourense.

Consulta aquí os detalles da zona afectada

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información