A praga da couza guatemalteca da pataca dáse case por erradicada na provincia de Lugo e reduce a súa presenza na da Coruña

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Consellería do Medio Rural pola que se actualiza a zona demarcada pola Tecia solanivora Povolny

Publicidade

COUZA_GUATEMALTECA_PATACA_STANDARA Consellería do Medio Rural asegura que “os datos de seguimento da couza guatemalteca da pataca amosan a día de hoxe un avance significativo na súa contención previa a unha posible erradicación”. “Non se detectou a presenza deste organismo nocivo en varias zonas demarcadas durante dous anos consecutivos, é posible o levantamento das medidas fitosanitarias de erradicación. Noutras zonas é preciso manter as medidas fitosanitarias vixentes ata que pasen dous anos dende a última captura”, engaden dende o deparatamento que preside María José Gómez.

Así se explica na resolución da Consellería do Medio Rural que publica hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG) e que actualiza a zona demarcada pola Tecia solanivora Povolny (couza guatemalteca da pataca). Sinálanse as parroquias que se manteñen como zonas infestadas, as que pasan de zona infestada a zona tampón, as que permanecen nesta última demarcación e as que pasan a considerarse libres.

Captura de pantalla 2025-02-03 152914

Deste xeito, continúan como zonas infestadas as seguintes parroquias: Abegondo (Santaia), Cabanas (San Xián), Figueroa (San Miguel) e Sarandós (Santa María de Sarandós), no concello coruñés de Abegondo; Cañás (Santa Baia) e Paleo (Santo Estevo), en Carral; A Pedra (Santa María), no municipio de Cariño e Barallobre (Santiago) e Maniños (San Salvador), en Fene. Ao tempo, pasan de zona infestada a zona tampón a parroquia de San Xurxo de Moeche, no concello coruñés homónimo, e a de Trabada (Santa María), no municipio lucense do mesmo nome.

Mantéñense como zona tampón as parroquias seguintes (todas elas da provincia da Coruña): Cerneda (San Salvador), Folgoso (Santa Dorotea), Mabegondo (San Tirso), Meangos (Santiago), Montouto (Santa Cristina) e Viós (San Salvador), no concello de Abegondo; Laraxe (San Mamede), en Cabanas; Vigo (Santa María), en Cambre; Cariño (San Bartolomeu), Landoi (Santiago) e Sismundi (Santo Estevo), no municipio de Cariño; Beira (Santa Mariña), Quembre (San Pedro), Sergude (San Xián), Tabeaio (San Martiño) e Vigo (San Vicente), en Carral; Régoa (Santa María), en Cedeira; As Encrobas (San Román), en Cerceda; Castelo (Santiago), en Culleredo; Limodre (Santa Eulalia), Magalofes (San Xurxo) e Perlío (Santo Estevo), en Fene; e Franza (Santiago) e Piñeiro (San Xoán), no concello de Mugardos.

Zonas libres

Pasan a considerarse zonas libres, na provincia da Coruña, as parroquias de Caión (Santa María de Socorro), no concello da Laracha; Chamín (Santaia) e Sorrizo (San Pedro), en Arteixo; As Somozas (Santiago Seré), no municipio das Somozas; Labacengos (Santa María), San Xoán De Moeche (San Xoán) e Santa Cruz De Moeche (Santa Cruz), no concello de Moeche; e Ferreira (San Paio) e Lamas (San Xiao), no termo municipal de San Sadurniño.

Tamén pasan a ser zonas libres, na provincia de Lugo, as parroquias de San Xusto de Cabarcos (San Xusto), no concello de Barreiros; San Tomé de Lourenzá (San Tomé) e Santo Adrao de Lourenzá (Santo Adrao), no de Lourenzá; e A Fórnea (Santo Estevo), A Valboa (Santa María Madanela), Sante (San Xiao), Vidal (San Mateo) e Vilapena (Santiago), no municipio de Trabada.

Ademais, nesta resolución pódese consultar o plan de situación da nova zona demarcada e a relación de parroquias das zonas infestada e tampón. Lémbranse, así mesmo, as medidas obrigatorias nas zonas demarcadas de couza guatemalteca.

Ligazón á resolución no DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250203/AnuncioG0426-240125-0001_gl.html

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información