As poxas de Silleda suspéndense debido a un ciberataque informático

silleda aplicacion becerros poxaA Fundación Semana Verde de Galicia vese obrigada a suspender as poxas de mañá, martes 24 de xuño, na Central Agropecuaria de Galicia ABANCA.

O motivo é un ataque informático sufrido pola Fundación Semana  Verde de Galicia nas últimas horas, cuxas consecuencias non fan posible comezar o proceso que conleva este mercado, o cal se pon en marcha os luns ás 17.00h. Se ben se intentou solventar a situación para poder levar a cabo a sesión de mañá, non foi posible dada a premura coa que debe iniciarse todo o proceso da Central.

O persoal da Central está informando xa desta suspensión a todos os operadores que participan semanalmente no mercado Sen embargo, o aviso fíxose a última hora da mañá e colleu a moitos transportistas cos becerros xa no camión, obrigándoos a devolvelos ás explotacións, o que xerou bastante malestar no sector. “Se eran conscientes do problema dende primeira hora e que era difícil arranxalo, poderían ter avisado moito antes”, quéixase  un tratante que prefire manter o anonimato. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información