Poxa pública de 29 lotes de madeira en Ourense

Poxa pública de 29 lotes de madeira en Ourense

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da convocatoria dun alleamento de madeira en Ourense, a través da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural, nunha poxa pública electrónica que terá lugar o 12 de decembro na Delegación Territorial da Xunta na provincia, no que se adxudicarán 29 lotes cun valor total de 900.908 euros.

Respecto da certificación da xestión forestal sostible, tódolos lotes contan con certificación PEFC e 11 dispoñen da dobre certificación PEFC e FSC, os dous sistemas de certificación máis implantados no mundo. Case todos os lotes pertencen a comunidades de montes veciñais en man común que teñen convenios ou consorcios de xestión forestal coa Consellería do Medio Rural.

As empresas que opten aos lotes deben ter un certificado de cadea de custodia, que garante a trazabilidade da madeira. A certificación forestal sostible asegura que a xestión dos bosques de onde procede a madeira é respectuosa co medio ambiente, mentres cumpre con outras funcións ecolóxicas, económicas e sociais. Os lotes suman preto de 45.000 metros cúbicos de madeira de piñeiro, verde -non queimada nin seca- que será vendida baixo as modalidades de alleamento a risco e ventura e a resultas de liquidación final.

Plataforma de consulta
Ao igual que en poxas electrónicas anteriores, os licitadores realizarán os trámites de forma telemática, dende a consulta dos lotes dispoñibles ata a poxa final. Para seguir todo o proceso, disporán dunha sala virtual creada para tal fin.

Ademais, os interesados en poxar por algún destes lotes dispoñen dunha plataforma desenvolvida pola Consellería do Medio Rural e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) para consultalos e obter información sobre as súas características a través dun visor web cartográfico creado polo Instituto de Estudos do Territorio.

Por outra banda, os licitadores terán que presentar as súas ofertas económicas a través da sede electrónica da Xunta, apoiándose nun videotitorial elaborado para axudar nesta situación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información