Poxa este domingo en Pedrafita de 5 xovencas preñadas de Rubia Galega

Poxa este domingo en Pedrafita de 5 xovencas preñadas de Rubia Galega

O recinto gandeiro de Pedrafita do Cebreiro acolle este domingo unha poxa de cinco xovencas preñadas, organizada pola Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega (ACRUGA). Poñerase poxar desde as 12.00 da mañá por estes cinco exemplares, de entre 24 a 28 meses de idade e preñadas de 7 e 8 meses.

Trátase de xovencas que proceden do centro de recría da granxa Gayoso Castro, dependente da Deputación de Lugo, que foron seleccionadas previamente polas súas cualidades. As poxas terán un prezo de saída de 2.000 euros, e os compradores contarán como incentivo coas axudas á compra de 200 euros por exemplar de Caixa Rural.

Para poder tomar parte na poxa, que arrincará ás 12.00 horas, os interesados en poxar por algún destes cinco exemplares poderán retirar a súa tarxeta correspondente desde as 11.00 da mañá, no mesmo recinto gandeiro.

Na anterior poxa, celebrada en abril deste ano, dúas das cinco xovencas adxudicáronse en 2.650 euros, moi por riba do prezo de saída e o prezo que alcanzaron os exemplares foi de 2.350 euros.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información